this post was submitted on 19 Mar 2024
3 points (80.0% liked)

fediverso.gal

94 readers
1 users here now

A comunidade do fediverso.gal

founded 2 years ago
MODERATORS
 

#AltText

a porcentaxe de imaxes publicadas no mastodon.gal que teñen un texto que as describe é mínima. Non todas as persoas actúan do mesmo xeito, pero tendo habilidade e tempo para escribir media dúcia de cancelos que acompañan á publicación, tampouco é un traballo enorme engadir unha breve descrición á imaxe e axudar así a persoas con dificultades visuais, a aportar contexto ao que se ve, a que os lectores de pantalla poidan facer a súa labor e a ter empatía con quen nos le.

Incluso hai servizos (iniciativas) como #AltText4Me para intentar axudar a quen o precise.

Todos os clientes coñecidos teñen no seu editor un apartado para engadir esta descrición.

A veces vexo un certo patrón, como se fose cool ou algo así tirar aí unha imaxe e que se apañen, unha artistada snob.

Xa pode ser ben fermosa que non lle poño nin estreliña ⭐

De etiquetar as nosas publicacións idioma #galego xa falamos outro día.

all 4 comments
sorted by: hot top controversial new old
[–] [email protected] 2 points 6 months ago (1 children)

@ghose o gracioso de todo e que a xente que sube unha imaxe sen Alt, tivo que darlle a opción de subir sen texto alternativo cando publica a imaxe. Que podese pasar se tes varias imaxes e unha está sen Alt, pero cando é unha soa, se está facendo a propósito.

[–] [email protected] 1 points 6 months ago

Se usas unha app no teléfono moitas teñen desactivados os avisos por defecto

[–] [email protected] 1 points 6 months ago (1 children)

Concordo co do Alt, mais a etiqueta #galego paréceme innecesaria só polo feito de publicar en galego. Eu usaríaa cando se fai referencia ao idioma ou a identidade. Para todo o demáis pódese filtrar por idioma en Mastodon