nekerafa

joined 2 years ago
MODERATOR OF
 

Para a xente que queira aprender un pouco de Godot, ou falar con otras persoas usuarias deste motor, o vindeiro 27 de xullo temos un evento na Coruña!

 

Coma que xa pasou dous anos dende que levo administrando o servidor de mastodon e un dende este lemmy e a web fediverso.gal

Pff, como pasa o tempo. E todo o que tivemos que aguantar nestes dous anos!

Pero bueno, espero que sigamos a tope nos vindeiros anos, creando novas instancias do fediverso en galego (bueno carallo, necesito unhas vacacións da vida para poñerme co traballo atrasado).

En fin, felicidades a todes no fediverso, que este é o voso cumple, sobre todo!

 

Ten moi boa pinta o cartel da Guadalindie. Para ser a primeira vez que o fan, van moi a tope

 

Boas! Quero compartir con vos que este ano estou participando no advent of code, esta vez facendo una aplicación en Godot. A idea e ponerlle o input, seleccionar o día e executar o algoritmo para obter o resultado. Rápido e sinxelo :3

[–] [email protected] 2 points 1 year ago

Acabo de velo, pero si, esa é a solución. Esta instancia de lemmy non é moi usada, polo que moitas instancias aínda non federan coa nosa, polo que para federar tes que buscar a URL completa ou non vai encontrala

 

Bo día xente!

Agora que está máis estabilizado as migración dos servizos, imos poñer os post de resumo do que pasou no fediverso no último mes pasado a modo de transparencia deste proxecto.


Como sabedes, se fixo unha migración de mastodon.gal e foros.fediverso.gal a infraestrutura de dinahosting, a cal a temos patrocinada por eles durante un mes.

Ademais, aproveitando a migración, creouse a páxina web fediverso.gal. Neste sitio engadiremos información dos servizos que usen o fediverso e estean pensado para unha audiencia en galego. Comentarvos que, se sodes amantes da fotografía, podedes contribuir a esta web engadindo cabeceiras no post dispoñible en [email protected].

Estado actual de fediverso.gal. Podese ver unha cabeceira con sitios de galicia con cores azules e coa mensaxe de "Benvide ao fediverso en galego!"


Sobre mastodon.gal, dicir que este abril houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 456 usuarias activas e sobre 13.000 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control:

Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con 13,21 € de doazóns (19,67 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 2 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de abril de 2023: unha o día 1, catro o día 10, un o día 11, tres o día 12, un o día 13 e un o día 24

Cantidade doada por día no mes de abril de 2023: 1 € o día 1, 5 € o día 10, 1,67 € o día 11, 3 € o día 12, 8 € o día 13 e 1 € o día 24


Agora, con respecto aos custes da infraestructura, reducirse bastante con respecto a meses anteriores. Istos son os desgloses:

DigitalClouding (Plataforma de servizos cloud):

  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,52 €
  • Cosumo extra (78.13 GB a maiores: 1,41 €
  • Total (+ IVA): 7,28 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

Isto polo de agora, a ver se para o mes teño forma de obter os datos do taboeiro cos eixes e demais, como os teño coas doazóns.

Saudiños e ata a próxima.

 

Bo día xente!

Estes días estou continuando coa páxina web de fediverso.gal (que non me olvidei, pero tiven moito traballo e vou lento). Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web.

Nestes momentos está tal que así:

Captura da páxina web en desenvolvemento

Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións:

  • Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo se fora necesario).
  • A resolución da web aplicase a 2560x720, podedes envialo nesta ou ocupome de recortalo.
  • A licencia da fotografía ten que ser unha licencia libre (por exemplo Creative Common Attributions ShareAlike 4.0). Engadirei a autoría nun pe de páxina acima da imaxe.

Non importa cando o fagades, que vou estar revisando este topic se algunha persoa se anima hahaha.

Saudiños!!

 

Bo día xente!!

Sigo aquí vivo a facer cousiñas, e entre elas, estiven estes días a configurar un proxecto de lume (darlle as grazas a @[email protected] e @[email protected], que deronme a idea).

Acabo de facer unha organización (github.com/fediverso-gal) e un proxecto propio (github.com/fediverso-gal/fediverso.gal) en GitHub, polo que podedes revisar o código, facer pull request e axudar en todo o que querades. Está agora cunha configuración básica (partín da estructura que teño doutros proxectos de React e Vue, non sei se é a adecuada 🙃 para lume, pero bueno).

 

[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal


foros.fediverso.gal usan como software Lemmy, que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, mastodon.gal. É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto.


Comunidades

As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta [email protected], ou [email protected], [email protected], etc...

Consultar comunidades

Cando se crea unha destas comunidades, aparecerá no fediverso como unha conta da instancia. É por iso que dende mastodon poderemos acceder a @[email protected], @[email protected], @[email protected], etc... Calquera publicación nestas comunidades verase como un toot promovido na liña de tempo desde usuario.

Publicar nunha comunidade

Para poder publicar nunha comunidade tes que ter unha conta nunha instancia de Lemmy (por exemplo, no noso caso en foros.fediverso.gal).


Usuarias

As usuarias de Lemmy son coma as usuarias de mastodon: teñen un nome reservado e pódense personalizar, como pode ser o meu @[email protected].

Consultar usuarias

Para consultar as mensaxes publicadas por unha usuaria dende mastodon, so temos que facer a búsqueda como se fora otra instancia aparte (@[email protected]). Independientemente de onde publique a usuaria, vainos sair un resumo do seu mensaxe Post da usuaria @nekerafa de exemplo.

Respostar as usuarias

Como Lemmy implementa o protocolo ActivityPub, que tamén usa mastodon, podemos repostar as publicacións das usuarias directamente dende mastodon. As usuarias de Lemmy poderan ver os post das mensaxes de mastodon (https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2) da mesma maneira que en mastodon poderemos ver as mensaxes de Lemmy (https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934).

E listo, con isto temos de sobra para poder manexarnos polas dúas redes sen perdernos. Saúdos!!