Fotografía

1 readers
0 users here now

founded 2 years ago
MODERATORS
1
 
 

Bo día xente!

Estes días estou continuando coa páxina web de fediverso.gal (que non me olvidei, pero tiven moito traballo e vou lento). Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web.

Nestes momentos está tal que así:

Captura da páxina web en desenvolvemento

Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións:

  • Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo se fora necesario).
  • A resolución da web aplicase a 2560x720, podedes envialo nesta ou ocupome de recortalo.
  • A licencia da fotografía ten que ser unha licencia libre (por exemplo Creative Common Attributions ShareAlike 4.0). Engadirei a autoría nun pe de páxina acima da imaxe.

Non importa cando o fagades, que vou estar revisando este topic se algunha persoa se anima hahaha.

Saudiños!!

2
 
 

#RetoSemanal #FotoSemanal

- #️⃣ Sigue estos cancelos (+) / Follow(+) this hashtags

- 🖼️ Publica usando a túa conta de Mastodon / Publish with your current Mastodon account and use those hashtags

- :ablobcouple: sigue / follow @fotografia
https://foros.fediverso.gal/post/4781

3
 
 

Os primeiros bechos do ano

Insectos

Agora que comezou a primavera, os primeiros insectos están a saír de novo do seu acubillo invernal.

Comparte unha foto dun insecto empregando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao “+” para seguilo en Mastodon)

Regras de participación abertas a debate.

Foto de sunesina en flickr

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

4
1
Semana 12 2023 - Primavera (foros.fediverso.gal)
submitted 2 years ago* (last edited 2 years ago) by [email protected] to c/[email protected]
 
 

Xa está aquí!!!

derrétese o xeo, a primavera é renovación e cambio, un novo comezo, paxariños e todo iso XD

Comparte unha foto da túa primavera usando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao "+" para seguilo en Mastodon)

Regras de participación abertas a debate.

foto dunha pola dunha árbore con follas amarelas onde o xeo se derrete

foto con licenza CC0 en pixabay

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

5
 
 

Este inverno veu mollado, e temos auga por todas partes

Novo reto semanal, onde podemos mirar á auga, ao que significa para a vida, como modifica os nosos hábitos diarios, a súa falta, a súa forma ("be a teapot!!"), flúe como o tempo...

Regras de participación abertas a debate.

foto: unsplash

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

6
 
 

O oito de marzo celebramos o día dedicado á muller. Con este motivo dedicamos este reto semanal.

Regras de participación abertas a debate.

foto: Martín Rei Leis

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

7
 
 

Reto fotográfico da semana 9 de 2023 - Amencer

Subscríbete a @[email protected] coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, … NON precisas unha conta no foro.

O amencer, literal ou figuradamente.

foto de meteogalicia

fonte meteogalicia

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Presentación e Normas aberttas a debate

para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc.

Finalmente DALLE A COMPARTIR a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes.

Grazas.

8
 
 

Reto fotográfico Semana 8 - Entroido

festa do cocido en Lalín, 2020

Crédito @[email protected]/EFE , Lalín 2020

Subscríbete a @[email protected] coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, ... NON precisas unha conta no foro.

Cadra este primeiro reto cunha das semanas máis intensas de celebracións en toda Galicia.

O tema proposto, O Entroido, da pé a múltiples puntos de vista e a estimular a imaxinación.

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Esta é a primeira edición do reto semanal, polo que convídote a ler

Presentación e Normas

para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc.

Finalmente DALLE A COMPARTIR a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes.

Grazas.

9
1
Reto Fotográfico Semanal (foros.fediverso.gal)
submitted 2 years ago* (last edited 2 years ago) by [email protected] to c/[email protected]
 
 

Normas de Participación no Reto Fotográfico Semanal

Borrador con proposta das regras básicas do reto fotográfico

  • cunha conta do fediverso ou do foro subscribirse a @[email protected] para recibir avisos e mensaxes novas, comentar ou compartir as fotografías.
  • fotografía realizada pola usuaria que a publica durante a semana do reto. Trátase de un divertimento, non dun concurso.
  • as fotografías pertencen a quen as publica.
  • as fotografías deben respectar as NORMAS de convivencia de foros.fediverso.gal, non admitindo fografías e mensaxes que atenten contra a dignidade das persoas podendo a administración tomar as accións que se estimen oportunas en todo momento.
  • realizada con calquera dispositivo, "editada" ou non.
  • formato e proporcións libres, non sendo recomendable fotografías de moi alta resolución que enlentezan a carga da web e dificulten a visualización.
  • a visibilidade da publicación deberá ser pública
  • máximo DÚAS fotografías por participante e semana
  • engadir NSFW se a temática o require
  • engadir descrición AltText para persoas con deficiencias visuais e lectores de pantalla
  • posibilidade de engadir texto á publicación para dar contexto ou explicar os motivos da fotografía
  • participación aberta a todo o fediverso, independentemente do servidor onde teñas a túa conta
  • a participación realízase respondendo á mensaxe orixinal publicada por @[email protected] coa proposta semanal desde calquera conta compatible do fediverso: mastodon, pleroma, pixelfed,lemmy,...
  • o reto durará unha semana desde a data de publicación do mesmo (venres?). Debería ser quincenal, mensual,...?
  • utilizar cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal ... na publicación para axudar a espallar o grupo
  • o tema do reto pódese someter a votación na semana previa ou quen se encargue da publicación ir elexindo un tema que considere axeitado

podes responder a esta mensaxe para facer constar a túa opinión e facer propostas

as regras quedarán fixadas no foro e estarán suxeitas ás modificacións que resulten acordadas